Cart(0)
"Diverse silk scarves add elegance and fashion charm"
"Diverse silk scarves add elegance and fashion charm" "Diverse silk scarves add elegance and fashion charm"
Home Estilos Estilos Modernos
REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN GALICIA
REALIDADES E HORIZONTES DA EDUCACIÓN EN GALICIA
Title:
  • DefaultTitle

$ 0.00

$ 22.00

Please select combo product attributes
The combo subtotal is $,SAVE$

Product Details

Realidades e horizontes da educación en Galicia quere ofrecer unha mirada panorámica sobre cuestións fundamentais do desenvolvemento educativo en Galicia. Cuestións abordadas, porén, con algunha profundidade e de xeito especializado. Quere ser tamén unha homenaxe á traxectoria docente e investigadora do profesor Antón Costa Rico, quen ao longo de máis de catro décadas asumiu un relevante papel na docencia universitaria e na xestión institucional: a presidencia de Nova Escola Galega (NEG), a dirección do Instituto de Ciencias da Educación da USC, o decanato da Facultade de Ciencias da Educación (USC), a presidencia da Sociedad Española de Historia de la Educación (SEDHE) ou, máis recentemente, a dirección da colección Biblioteca de Pedagoxía de Kalandraka Editora.
Sempre atento ás obrigas contraídas cos estudantes e colegas, estendeu o seu maxisterio a diferentes áreas, entre as que cabe destacar a das políticas educativas, a metodoloxía historiográfica ou o coñecemento dos clásicos e modernos do pensamento pedagóxico, contribuíndo a tecer redes que deron pulo á renovación educativa, ao coidado e protección do patrimonio educativo e ao cultivo da lingua galega. 
Neste libro-homenaxe proxéctanse os testemuños –reconvertidos en temas, reflexións e propostas– dun amplo e diversificado conxunto de docentes, investigadores e especialistas con traxectorias diversas, representativas de distintas sensibilidades e pareceres, que –dun xeito ou doutro– mantiveron ou manteñen relacións de amizade e aprecio con Antón Costa..

____

Editorial: Kalandraka 11-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 336

You May Also Like
Unavailable
Cart
"Diverse silk scarves add elegance and fashion charm"
Your cart is currently empty.